
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza este ano a XXV Edición do Premio Xove Empresarix, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia.
Este XXV Premio Xove Empresarix de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.
É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXV Premio recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia.
Este premio suporá para o xove empresarix gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.
PREMIOS
Esta XXV Edición do Premio Xove Empresarix do Ano 2021 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:
- XOVE EMPRESARIX DO ANO 2021: Dotado de Cheque Económico para gastos de Consolidación de 500€; Ordenador persoal HP; Ipad; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; e un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- INICIATIVA EMPRENDEDORA DO ANO 2021: Dotado dun Cheque Económico para gastos de Constitución de 500€; Ordenador persoal HP; Ipad; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; un despacho no Viveiro de Empresas de Barro-Meis; e un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
Todas as candidaturas presentadas optan a:
- MENCIÓN DE HONRA EN INNOVACIÓN: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- MENCIÓN DE HONRA EN RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
- Premio Honorífico ao empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
- Ademáis todos os candidatos aos premios recibirán un diploma de participación.
REQUISITOS
- Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores menores de 41 anos a 31 de Decembro do 2021.
- Xove Empresarix do Ano 2021 empresas constituidas con anterioridade ao 01 de Xaneiro de 2020.
- Iniciativa Emprendedora 2021 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituida con posterioridade ao 01 de Xaneiro do 2020.
- Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
- O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.
- A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
- Estar ao corrente das súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega
- Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
- Asistencia obrigatoria ao acto de entrega dos premios.
DOCUMENTACIÓN
Os candidatos que desexen concorrer a estes Premios deberán enviar a documentación a info@ajepontevedra.com
- Solicitude de candidatura (Anexo I)
- Declaración xurada (Anexo II)
- Memoria descritiva da actividade empresarial. (Incluindo un punto sobre as súas acción en relación RSC)
- DNI do candidato ou candidatos.
- Tarxeta CIF da Empresa.
- Escrituras de Constitución da Empresa, estatutos e modificacións posteriores.
- Logotipo para a difusión dos candidatos en web, redes, prensa e para o día do evento.
PRAZO DE ENTREGA
As candidaturas xunto coa documentación sinalada nas bases poderá presentarse ata o domingo 06 de marzo ás 23:59h.
ACTO DE ENTREGA
Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXV PREMIO XOVE EMPRESARIX DO ANO que terá lugar o xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas, no Pazo O Castriño, Vilagarcía de Arousa (Rúa Valle Inclán, 23, 36600).
CONFIDENCIALIDADE
A documentación facilitada polas/os participantes estará a disposición exclusivamente para o estudo por parte do xurado e será confidencial, reservándose a Asociación o dereito a facer uso dos nomes das/os participantes, imaxe corporativa e material gráfico en relación á promoción do Premio.
Os datos obtidos, co consentimento expreso do interesado, serán utilizados única e exclusivamente para o bo fin dos presentes XXV Premios Xove Empresarix do Ano 2021.
As decisións do xurado serán inapelables e adoptaranse por maioría simple. No caso de empate decidirá o voto de calidade do/a presidente/a do Xurado. A resolución darase a coñecer o mesmo día do acto de entrega dos premios.
A participación no Concurso implica a íntegra aceptación das presentes bases que quedan á interpretación do Xurado.
De conformidade co disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal 15/99, a AJE Pontevedra informa que os datos recollidos na inscrición do XXV Premio Xove Empresarix serán incorporados a un ficheiro denominado “Premio AJE Pontevedra”.
Sendo os datos obtidos co consentimento expreso do interesado serán utilizados única e exclusivamente para o presente PREMIO.
Coa aceptación das bases, vostede consinte o tratamento dos datos recollidos na inscrición coa finalidade mencionada e autoriza expresamente á AJE Pontevedra para comunicarlle os citados datos a terceiras entidades. Dita comunicación farase coa única finalidade de poder levar a cabo a organización do XXV Premio Xove Empresarix.
Os posibles destinatarios serán todas aquelas entidades que poidan formar parte da organización de dito premio.
Pode exercer os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación nos termos previstos pola Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal mediante carta e achegando a fotocopia do DNI no seguinte enderezo: AJE Pontevedra, r/ Benito Corbal, 45, 4º andar, despacho 11, 36001, Pontevedra.
Comentarios recientes