
BASES XXIV PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA
A Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a Responsabilidade Social Empresarial da PEME organiza este ano a XXIV Edición do Premio Xove Empresario, co obxetivo de recoñecer e premiar a labor de aqueles emprendedores e xóvenes empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e emprego na nosa provincia.
Este XXIV Premio Xove Empresario de Pontevedra está dirixido a aquelas ideas de negocio que sean lideradas por mozos da nosa provincia e sexan viables técnica e económicamente.
É por iso que AJE Pontevedra quere con este XXIV Premio Xove Empresario recompensar ese espíritu de loita que move a estos mozos a superar todos os obstáculos, actualiza a súa imaxe, os seus recursos e a súa enerxía en crear una empresa da que toda a sociedade se beneficia.
Este premio suporá para o xove empresario gañador a proxección, a través dos medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial, servindo de exemplo de superación á xuventude, mostrando que o autoemprego e a innovación no mesmo é outra posibilidade de traballo, así como reclamar en voz alta o apoio de todos, o colectivo de emprendedores e xoves empresarios, como protagonistas do presente e do futuro da nosa provincia.
PREMIOS
Esta XXIV Edición do Premio Xove Empresario do Ano 2019 componse de dúas categorías e as seguintes mencións de honor:
– XOVE EMPRESARIO DO ANO 2019: Dotado de un Cheque Económico para gastos de Consolidación de 500€; dunha oficina ou nave no polígono industrial de Barro – Meis en función das súas necesidades e da súa actividade, con vixencia dun ano; ordenador persoal HP; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
– XOVE EMPRENDEDOR DO ANO 2019: dotado dun Cheque Económico para gastos de Constitución de 500€; un aloxamento gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo; ordenador persoal HP; Cheque de 6.000€ en formaciones de Galicia Business School; un ano de afiliación gratuíta en AJE e escultura conmemorativa deste evento.
Todas as candidaturas presentadas optan a:
– ACCESIT INNOVACIÓN: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
– ACCESIT CREACIÓN DE EMPREGO: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE e escultura conmemorativa deste evento.
– ACCÉSIT RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL: Un iPad; Cheque de 2.000€ en formaciones de Galicia Business School; 6 meses afiliación gratuita AJE, e escultura conmemorativa deste evento.
· Premio Honorífico ao empresario de recoñecido prestixio da provincia de Pontevedra.
· Todas as candidaturas presentadas optarán a unha nave (entre 131,20m2 y 142,70m2) no Viveiro de Empresas de Lalín da Deputación de Pontevedra, adecuada para a súa adaptación a actividade prevista durante un periodo de 1 ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes/privativos que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.
· Ademáis todos os candidatos aos premios recibirán un diploma de participación.
REQUISITOS
• Poderán presentarse todos aqueles xóvenes empresarios e emprendedores con data de nacemento non anterior ó 31 de Outubro de 1978.
• Xove Empresario do Ano 2019 empresas constituídas con anterioridade ao 30 de Abril de 2018.
• Xove Emprendedor do Ano 2019 debe ter un proxecto de empresa a punto de por en marcha ou empresa constituída con posterioridade ao 30 Abril de 2018.
• Ter domicilio social na provincia de Pontevedra.
• O capital social das empresas candidatas deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos.
• A empresa non poderá estar participada por entidades ou empresas de titularidade pública.
• Estar ao corrente das súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e non ter contraída débeda algunha coa Comunidade Autónoma Galega.
• Non ter solicitado declaración de concurso, non ter sido declarado insolvente ou en concurso nin estar suxeito a intervención xudicial nin inhabilitado conforme a lei concursal.
• Os candidatos deberán ter disposición para a grabación dun video promocional da súa candidatura por parte de AJE Pontevedra.
• Asistencia obrigatoria ao acto de entrega dos premios.
DOCUMENTACIÓN
Os candidatos que desexen concurrer a estes Premios deberán enviar a documentación a info@ajepontevedra.com
• Solicitude de candidatura asinada que poderán conseguir na sede de AJE Pontevedra ou descargala na páxina web www.ajepontevedra.com
• Memoria descritiva da actividade empresarial. (Incluindo un punto sobre as súas acción en relación RSE)
• DNI do candidato ou candidatos.
• Tarxeta CIF da Empresa.
• Escrituras de Constitución da Empresa, estatutos e modificacións posteriores.
• Logotipo para a difusión dos candidatos en web, redes, prensa e para o día do evento.
PRAZO DE ENTREGA
As candidaturas xunto coa documentación sinaladanas bases poderá presentarse ata o domingo, 27 de outubro, ás 23:59h.
ACTO DE ENTREGA
Os premios entregaranse nunha gala con motivo do XXIV PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO que terá lugar o xoves 31 de outubro, ás 20:30 horas, no Pazo de Congresos de Pontevedra. (Rúa Alexandre Bóveda, s/n CP 36005, Pontevedra).
CONFIDENCIALIDADE
Garantizarase a confidencialidade das candidaturas presentadas. Poderase difundir as características xerais das mesmas e, no seu momento, o nome, a súa actividade, logros, así como as persoas do equipo promotor. Coa presentación da candidatura autorizase á organización a acceder ás bases de datos que permitan contrastar a información presentada.
PREMIO XOVE EMPRESARIO DO ANO PONTEVEDRA
A Asociación de xóvenes Empresarios de Pontevedra é unha organización de ámbito provincial, con carácter multisectorial e sen ánimo de lucro, constituida no ano 1989 por iniciativa dun grupo de persoas con inquietudes empresariais definidas entorno os mozos.
Ó longo de tres décadas, AJE Pontevedra apoiou aos xóvenes emprendedores e empresarios mediante a organización de actos propios como en colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas. Ditas accións de apoio incidiron dende os primeiros pasos para a constitución da empresa ata a súa consolidación, incluíndo a xestión de liñas de financiamento sen contribucións de garantías.
A nosa misión é a de promover e espertar vocacións empresariais e defender os intereses dos xóvenes empresarios, creando e favorecendo o marco adecuado para o correcto desenrolo empresarial. Desexamos axudar aos xóvenes a ter éxito a través da mellora constante no desempeño das súas actividades, como medio máis eficaz de avanzar en liña cun desenrolo sostible e enriquecedor, persoal e profesional.
Queremos contribuir a formar empresarios con valor para aceptar o desafio de desenrolar novas ideas, capaces de mellorar as cualidades persoais e das habilidades dos seus colaboradores e de asumir o risco inherente a unha actividade en constante movemento.
PLANTILLAS SOLICITUD